ADEGA

Inicio / Novas / Todas / O movemento polo Clima no Sermos-ADEGA nº 22

28-10-2019

O movemento polo Clima no Sermos-ADEGA nº 22

Xornada histórica para o movemento ecoloxista

O SermosADEGA nº 22 repasa, nun artigo de Ángel E. López, a mobilización da sociedade galega o pasado mes de setembro, no marco das reivindicacións mundiais polo clima que rematou o 27-Scun día de folga e numerosas manifestacións. Máis de dez cidades e vilas galegas viviron accións e actos a prol do clima para reclamar unha declaración real e efectiva de emerxencia climática.

Culminou a semana 27-S en grandes manifestacións que botaron á rúa unhas 8.000 persoas en Vigo, 5.000 na Coruña ou 4.000 en Compostela. O Sermos-ADEGA inclúe un artigo de opinión de Manuel Soto e unha entrevista a Silvia Mette Vázquez, moza activista de  Fridays For Future.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal