Inicio / Novas / Educación ambiental / Mesa informativa sobre a compostaxe de residuos...
04-10-2019
O próximo 5 de outubro durante o habitual mercadiño en Bertamirans instalarase unha carpa con información sobre o proxecto de compostaxe de residuos orgánicos dos comedores escolares, ao mesmo tempo as persoas interesadas poderán levar un saquiño do compost obtido para casa.
As entidades participantes neste proxecto son; as dúas concellarías de educación e medio ambiente, a empresa Dixardín que se encargan do mantemento dos composteiros e ADEGA como persoal técnico. Financiado por axudas PIMA do Ministerio de Medio Ambiente para a Transición Ecolóxica.
Dende ADEGA queremos darlle os parabéns ao concello de Ames por apostar por estes proxectos que son unha forma de loitar para mitigar o cambio climático e darlle visibilidade mediante estes eventos públicos axudando a concienciar á cidadanía
Este proxecto comezou a mediados de xaneiro, instaláronse 6 composteiros de 800L nun espazo do viveiro municipal. O primeiro foi facer un curso de formación e paralelamente comezaron a chegar os residuos do comedor. Todos os luns, mércores e venres a empresa recolle os restos orgánicos da cociña da rede de comedores escolares e lévaos a área de compostaxe, alí mesturase con estrutúrante (restos de podas trituradas) e transformase en compost dun xeito controlado.
A área de compostaxe estivo recibindo residuos dende xaneiro ate mediados de xuño (período escolar) nos meses de verán estivo a madurar e agora retirase o compost feito. Co inicio do curso comézase de novo a tratar nesta área os residuos orgánicos.
Ao longo destes meses estivemos recollendo dados, deste xeito podemos falar dos primeiros resultados:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal