ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA terá un posto informativo en diferentes...

12-07-2019

ADEGA terá un posto informativo en diferentes festivais da provincia durante este verán

O obxectivo da iniciativa é dar visibilidade á asociación e sumar apoios para afortalar o ecoloxismo galego

ADEGA-Lugo vai estar presente cun posto informativo nalgúns dos festivais que se celebran na provincia durante estes meses de verán.

Con esta iniciativa a delegación luguesa da asociación quere axudar á visibilidade da propia ADEGA e do traballo que realiza ao longo do ano. Visibilizar a entidade e as súas actividades é unha vía para conseguir sumar máis persoas á causa do ecoloxismo galego e para tornalo aínda máis forte, vivo, dinámico e eficaz.

Os festivais nos que ADEGA ten xa confirmada a súa presenza na contorna de Lugo para estas vindeiras semanas son:

Sábado, 13 de xullo: Outeiro de Rei (Carballeira de Santa Isabel). Convivio da Cultura Galega, organizado pola Casa-Museo Manuel María e Galiza Cultura, federación das asociacións culturais galegas.

Sábado, 20 de xullo: A Pastoriza (área recreativa da Riboira, Baltar). Festival da Chaira, organizado pola Asociación Cultural A Chaínza.

Sábado, 10 de agosto: Begonte (Clube Fluvial, Río Ladra). Festival  27373, organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.

Venres 30 e sábado 31 de agosto: Monterroso. Festival Agrocuir da Ulloa.

Agardamos a vosa visita!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal