ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA-Vigo participa na VII Limpeza Simultánea de...

10-10-2018

ADEGA-Vigo participa na VII Limpeza Simultánea de Praias cunha limpeza en Alcabre

VII Limpeza Simultánea de Praias nas praias de Alcabre en Vigo

O vindeiro sábado 20 de Outubro a delegación de ADEGA-Vigo participará dentro da VII Limpeza Simultánea de Praias realizando unha xornada de limpeza de lixo nas praias de Alcabre en Vigo.

A actividade dará comezo ás 10:30h e prolongarase até ás 13:30h. O punto de encontro será diante da Avv. A Nosa Terra (camiño da Igrexa nº 1, Alcabre). Podes achegarte á actividade en transporte público empregando as liñas L10, L15B e L15C de bus urbano (parada Avda. Atlántida nº 114 - Igrexa Alcabre).

Se queres máis información, ou inscribirte na actividade, podes contactar indicando o teu nome a través de:

Correo: adegavigo@adega.gal
Teléfono: 654581313 (Ángel).

Agardámoste!



Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal