Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA realizará obradoiros de economía sostible...
24-10-2013
O vindeiro luns comezaranse a impartir por parte de ADEGA varios obradoiros ambientais destinados a nenos/as e adultos, organizados e financiados pola Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo. Estas sesións formativas serán de balde e realizaranse nos concellos de Viveiro, Monforte, Ribadeo, Lugo e Ribas de Sil.
Os obradoiros para adultos/as tentarán achegarnos a diversas formas de promover a reciclaxe de residuos ou produtos no fogar, de xeito que axudamos ao medio ambiente e ademais aforramos na nosa economía doméstica. Baixo o nome de “Economía sostible no fogar” organízanse catro obradoiros que tentan marcar unhas pautas para mudar algúns dos nosos hábitos, aprendendo a elaborar produtos de utilización cotiá nos nosos fogares, que non sexan agresivos co medio ambiente nin contaminantes. Ademais, permitirannos acadar o obxectivo xeral deste proxecto, que é o de facernos reflexionar sobre o noso papel como habitantes deste pequeno e limitado planeta, e promover actitudes positivas e prol da sensibilidade medioambiental.
Cada sesión acollerá un máximo de 20 participantes, e durará 2 horas nas que se impartirán 2 obradoiros.
As temáticas dos obradoiros realizados por ADEGA versarán sobre:
Por medio destes obradoiros e charlas que levan o nome de “Coñece o teu entorno”, ADEGA ofreceralles aos escolares participantes unha visión valorizadora do seu contorno máis inmediato co obxectivo de suscitar debates sobre a importancia das nosas accións como cidadáns individuais no mantemento, protección e posta en valor destes espazos.
Esta actividade esta pensada dun xeito aberto, para que poda gozar dela toda a comunidade educativa dos concellos elixidos, que neste caso son Viveiro, Lugo, Ribadeo e Ribas de Sil.
O abano de idades ao que van dirixidos estes obradoiros vai dos 6 aos 12 anos. Cada un destes obradoiros poderá acoller até 25 participantes e a súa duración será de 1 hora.
O obradoiro propón dous retos aos nenos e nenas participantes que terán que resolver:
Reto 1: “Os ambientos”: Unha civilización extraterrestre chamada “os ambientos” manda unha mensaxe de auxilio a todos os confíns do universo, o seu mundo esmorece pola contaminación e buscan un novo lugar onde vivir, precisan unhas características específicas para poder desenrolar a súa vida....seremos capaces de atoparlles un refuxio axeitado?
Reto 2: “Os Superanimais”: Superocto”, farto da contaminación e do constante perigo que está a sufrir o noso medioambiente, decide que é o momento de formar un supergrupo de animais para defender o medio ambiente. Os inimigos son múltiples e diversos, así que, seremos capaces de formar o grupo axeitado?
Para poder participar nestes obradoiros é preciso inscribirse na páxina web da Deputación de Lugo: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html
Nesta ligazón, escolle “Economía sostible no fogar” (para adultos) ou “Coñece o teu entorno” (para nenos/as) nas datas e lugares que prefiras e cumprimenta o formulario cos teus datos.
*Nota: Aquelas persoas que se anoten nos obradoiros para adultos de Viveiro, Ribadeo e Lugo, reservarán praza para dous días consecutivos de talleres.
Para máis información sobre as reservas: Deputación (982227812).
Para máis información sobre os obradoiros: ADEGA-Lugo (982240299).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal