ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Comunicado de ADEGA perante un novo caso...

28-02-2018

Comunicado de ADEGA perante un novo caso discriminación lingüística, desta volta en Lugo

Unha compañeira de ADEGA vén de sofrer un novo caso de discriminación por parte da Delegación da Xunta en Lugo, por utilizar o galego ao dirixirse ao funcionariado que lle negou seu direito a ser atendida en na nosa lingua.
Este acto vulnera varios direitos civís ademais do mesmo Estatuto de Autonomia de Galiza.

O idioma é o noso patrimonio máis sinalado. ADEGA ten nos seus estatutos a defensa do patrimonio cultural, polo que a defensa da língua fai parte da nosa acción e do noso ideario como asociación.
Reclamamos dos organismos competentes da Xunta unha declaración de desagravio ao noso idioma, así como o inicio das accións pertinentes para corrixir esta situación anómala entre o funcionariado da Xunta de Galiza na delegación de Lugo.
Exiximos o respeito pola nosa língua e a nosa cultura e a sua defensa por parte de quen ten a obriga legal de o facer (Xunta de Galiza, Secretaría Xeral de Política linguistica, Consellaria de Educación Cultura e Deportes, Dirección Xeral da Función Pública, etc). Para alen do seu deber de acatar a lei, teñen a obriga moral de o faceren.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal