Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Custodiando o Sobreiral do Arnego
15-02-2018
ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Realizaranse no marco do proxecto inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos asi como actividades de voluntariado ambiental.
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
No 21 de marzo de 2016 ADEGA asina un acordo de custodia do territorio cos propietarios e propietarias da parcela, Zarra da Pena, de 20Ha.
As primeiras actividades previstas están para os días 24 e 25 de febreiro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal