ADEGA

Inicio / Novas / Todas / O salmón do Ulla ameazado de extinción pola...

27-11-2017

O salmón do Ulla ameazado de extinción pola reapertura da mina de Touro

Un estudo publicado recentemente na revista Environmental Pollution amosa que analisando os metais pesados nas escamas dos salmóns capturados no Ulla pódese medir o impacto da mina de Touro na contaminación de cobre (Cu) e o seu efecto nas poboacións de salmon.
Os resultados indican claramente que as verteduras da mina a ceo abierto de Touro causaron unha reducion significativa do crecimiento e supervivencia do salmon del Ulla durante os anos 80 polo que a súa reapertura agravaría aínda máis situación do salmon neste rio, poñéndoo ao límite da extinción.

Os investigadores/as da UVigo, o IIM-CSIC e a U. de Swansea usaron as mostras históricas das escamas dos salmóns capturados no Ulla entre 1951 e 2012, analisando os metais pesados presentes, especialmente o Cu. Como comparativa, analisáronse tamén as escamas dos salmóns capturados no Miño, que non acolle verteduras de Cu procedentes da actividade mineira.

A influencia da mina durante o seu periodo de actividade (décadas do 70 e 80) vese claramente no incremento da deposición de Cu nas escamas dos salmóns do Ulla, e que multuiplicaban por 7 as cantidades atopadas nos peixes despois do peche da mina. Tendo en conta tamén as distintas poboacións de salmón do río, áchase que a bioacumulación de cobre é máis intensa na fase xuvenil, cando os salmóns están nos treitos altos do río. Isto afectou ao crecemento dos peixes, que descendeu fortemente en comparación cos salmóns do Miño. E ao cesar a actividade da mina, o crecemento recuperouse aos níveis anteriores ao incio da actividade.
Asemade, observouse un descenso na abundancia de salmóns no Ulla durante o periodo de actividade da mina de Touro, descenso que aínda non deu recuperado hoxe.

Nas súas conclusións, os investigadores/as suxiren que a exposición a níveis subletais de Cu procedente da mina de Touro aumentou a mortalidade xuvenil dos salmóns do Ulla, diminuindo significativamente as capturas. Nun marco xeral de descenso das poboacións de salmón atlántico en todo o estado, a contaminación por metais pesados procedentes da actividade mineira, quer do Cu da mina de Touro, dificultará aínda máis a recuperación desta especie. E no caso da volta á actividade da mina de Touro, a xuízo dos científicos/as este feito pode ademais situar ao salmón do Ulla ao borde da extinción.

Eis nunha razón máis para que a Xunta rexeite a reapertura da mina de Touro e para que, como xa ten solicitado ADEGA noutras ocasións, protexa ás escasas poboacións do salmón atlántico galego, hoxe ao borde da extinción polo deterioro (encoros, minas, verteduras...) do seu hábitat.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal