ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Novo acordo entre ADEGA e OMA para ambientalizar...

09-10-2013

Novo acordo entre ADEGA e OMA para ambientalizar o campus da UDC neste curso

Dase continuidade á colaboración iniciada en 2011

Logo OMA

As bolsas da OMA estarán repartidas entre diferentes disciplinas, quer ciencias experimentais, arquitectura, enx. técnicas, enx. de camiños, socioloxía e ciencias da educación. Xa estamos traballando na realización de diversas actividades para desenvolver ao longo do curso, e que se sumarán ao seguimento de diversos proxectos sectoriais xa en marcha, como a compostaxe, a recollida selectiva de residuos e  diversas actuacións de restauración ambiental no monte da Fraga.

En definitiva, trataremos de ambientalizar un pouco máis o campus universitario. Permanecede atentos/as xa que porque en vindeiras actualizacións daremos máis detalles encol das actividades para este curso.  

Como aperitivo, na seguinte ligazón podedes descarregar a memoria de actividades do anterior curso 2012-2013:

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal