ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos...

17-01-2017

ADEGA, BNG e a AVV de Brión presentamos protesta formal polo proxecto de botar os escombros das obras do tren ao porto de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol)

ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión(Ferrol).

Risco de impactos dos verquidos no medioambiente e na zona arqueolóxica.

O proxecto actual de verquido de refugallos da obra ao tren ao porto exterior de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol) podería ter afeccións sobre o patrimonio que afectan as mámoas e ao medioambiente (movemento de terras, afectación de manantiáis e subsolo,etc) sen Estudo de Impacto Ambiental, nin autorización da Consellería de Cultura e Patrimonio da Xunta de Galicia.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal