ADEGA entregou hoxe os Premios de Foto, Relato e Curta polo Territorio de 2016
Nesta edición presentáronse a concurso 70 fotografías, 53 relatos e 10 curtametraxes polo Territorio.
ADEGA entregou hoxe os premios da VI Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, que se enmarca na campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do territorio galego "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". A entrega dos galardóns ás persoas premiadas e finalistas nas categorías adulta e xuvenil tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo coa presenza dos membros dos distintos xurados, da organización ecoloxista ADEGA e da delegada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación provincial de Lugo, Pilar García Porto.
É xa o sexto ano que ADEGA premia a sociedade galega por retratar o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta VI edición dos Concursos de fotografías e de relatos e V Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 70 fotografías de 30 participantes, 53 relatos de 52 participantes e 10 curtametraxes de 10 participantes, procedentes de diversos concellos de toda a xeografía galega: Ourense, Brión, A Estrada, Lugo, Arbo, Abadín, Santiago de Compostela, Lalín, Pontecesures, Burela, Vigo...
Como nas anteriores edicións, esta iniciativa contou co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A continuación indicamos cales foron as persoas galardoadas e finalistas de 2016.
VI Concurso FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO
CATEGORÍA ADULTA:
1º Premio:
-"Sen título" de José Izquierdo León (Burela). 200 euros e diploma.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal