ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Mesa redonda sobre o impacto na ría de Ferrol do...

27-09-2013

Mesa redonda sobre o impacto na ría de Ferrol do proxecto do tren cara ao porto exterior

Enseada da Malata

Onte tivo lugar unha mesa redonda sobre os impactos sobre na ría de Ferrol do proxecto de tren cara ao porto exterior, na que participou Xandro García, Vicepresidente de ADEGA e membros da asociación Muiño do Vento de Canido (Ferrol).
No acto falouse da traxectoria da plataforma "Salvemos a Malata" que naceu no ano 2010 cando unha trintena de entidades sociais Ferrolterrás de moi diversa índole, como asociacións de veciños, deportivas, culturais, ecoloxistas (ADEGA, SGHN, Verdegaia…) partidos políticos, etc., presentamos alegacións ao proxecto de construción do tren ao Porto Exterior de Ferrol.
Támen se analizou o que a construción desta infraestructura vai supoñer, lonxe de traer riqueza á comarca, só vai traer destrución do medio ambiente. Ademais de non ter unha viabilidade económica clara, vai ser construída do xeito máis agresivo para o territorio, condenando á morte a Ensenada da Malata. Esta ensenada, ademais de conservar certos valores naturais, serve de zona de ocio a moitos ferroláns e ferrolás.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal