ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Inicio do programa de compostaxe caseira en Feáns...

14-11-2016

Inicio do programa de compostaxe caseira en Feáns e Mesoiro (A Coruña)

Ao abeiro da subvención para asociacións sen ánimo de lucro en materia de cultura e educación ambiental da área de medio ambiente do concello da Coruña, foinos concedida unha axuda para levar a cabo un proxecto de compostaxe caseira coa veciñanza de Feáns.

O obxecto desta axuda é implantar a compostaxe nas hortas comunitarias da Asoc de hortas do Val de Feáns por unha banda e por outra repartir 15 composteiros individuais á veciñanza da contorna. Para isto imos a abrir un prazo para que as persoas interesadas se poidan anotar.

Os requisitos a cumprir son ser veciña/o de Feáns ou mesoiro, que a vivenda sexa a vivenda principal, ter horta ou xardín e asistir ao curso de formación. Nestas 15 vivendas comezarase o proxecto de compostaxe, no que as persoas participantes recibirán un composteiro de 320L, un manual de compostaxe e a formación correspondente para facer un bo uso do composteiro. Un tempo despois da instalación recibirán unha visita dunha educadora ambiental de ADEGA co obxectivo de resolver dúbidas e observar o proceso.

Este é un programa de educación ambiental de acompañamento domiciliario cuxo obxectivo é mudar hábitos, mellorar a separación xeral dos residuos e demostrar a viabilidade da compostaxe doméstica como xestión dos residuos orgánicos . As persoas implícanse na solución a unha problemática actual como é a gran xeración de residuos e o non tratamento dos mesmos.

Para anotarse a este proxecto soamente teñen que escribir un correo a compostaxe@adega.gal  indicando nome, enderezo e teléfono. Ou ben no teléfone 981570099.

Tanto o composteiro como o curso son de balde!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal