ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Crónica do VI seminario de ´Composta en Red´en...

04-11-2016

Crónica do VI seminario de ´Composta en Red´en Pontevedra

Os días 20 e 21 de outubro celebramos o VI seminario de "Composta en Red" en Pontevedra. "Composta en Red" é unha  coordinadora de entidades locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe caseira e comunitaria.

Cada ano unha entidade socia da Red celebra o seminario na súa localidade, este ano tocounos a nós. Así que organizamos estas xornadas a catro bandas ADEGA, Amigos da Terra, Deputación de Pontevedra e concello de Allariz. Como patrocinadores participaron a Universidade da Coruña, FCC coa planta de compostaxe do Barbanza e Ecocelta.

O obxectivo destas xornadas é dar visibilidade as diferentes entidades que apostan pola compostaxe, partillar experiencias e sobre todo aprender das iniciativas que se están a desenvolver no mundo. A temática deste VI seminario foi:

  • A pegada de carbono que producen os residuos orgánicos ao viaxar.
  • A comunicación e o seguimento dos proxectos.
  • Coñecer experiencias integrais de xestión de residuos orgánicos.
  • Coñecer os avances na investigación dos procesos e proxectos de compostaxe caseira e comunitaria.  
A participación neste seminario foi moi boa, asistiron moitas persoas de administracións locais, técnicos de empresas xestoras de residuos, asociacións e particulares interesados no tema.

O xoves puidemos escoitar diferentes iniciativas, a continuación deixámosvos unha ligazón aos diferentes relatorios: http://www.compostaenred.org/seminarios/seminario-de-pontevedra-2016/presentaciones-pontevedra/ e o venres puidemos coñecer os composteiros comunitarios da Deputación de Pontevedra no Principe Felipe e o proxecto de compostaxe comunitaria do concello  de Allariz.

Albúm de fotos https://goo.gl/photos/VcGN6PNBMcBmKJZw9

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal