Inicio / Novas / Delegacións / Somos Cedeira e ADEGA exiximos o compromiso...
16-09-2016
Despois da constitución da Plataforma Cidadá Salvemos a Ría de Cedeira (PCSRC), o Concello de Cedeira conseguiu que se concretase unha xuntanza entre a plataforma e a Demarcación de Costas . Así o pasado 12 de agosto tivo lugar unha reunión na sede da Demarcación na Coruña para tratar a restauración ambiental de praia da Madalena.
Nesa reunión, na que participaron o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, o concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal e dous representantes máis da PCSRC (integrada polo concello, confraría e membros da sociedade civil), o xefe da Demarcación de Galicia, Rafael Eimil, amosou a intención de Costas delevar a cabo unha avaliación de impacto ambiental ordinaria (é dicir, completa, non simplificada), así como un proxecto construtivo de rexeneración ambiental. Incluirían diversas alternativas para ser obxecto de avaliación, e habería os preceptivos trámites de información pública para presentar obervacións e alegacións, tal como dispón a lexislación vixente.
Falouse tamén de acometer varias intervencións de carácter puntual relativas a aspecto como: reparar a ringleira de troncos, procurar melloras no canleamento dos regatos e rebaixar a cota da duna para quitarlle peso, facer unha pendente e revexetala con flora flora autóctona propia destes ecosistemas. Houbo o compromiso de que sería unha intervención única para acadar a estabilización da duna, así como que non se farían máis deitados de area na praia.
Quedouse así mesmo en enviar ao Concello o informe sobre a praia elaborado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente. Considerando que a día de hoxe aínda non tivemos acceso ao devandito documento, o que manifestamos de seguido pode verse alterado unha vez coñezamos o seu contido.
Unha das poucas demandas que subscribiron ADEGA, SC e o resto de entidades constituintes da PCSRC (incluido o grupo de goberno), era a de esixir AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (AIA) dacordo co procedemento ordinario -completo- previsto na lexislación ambiental vixente.
Polo tanto, a nova transmitida na reunión do 12 de agosto polo Xefe da Demaración de Costas, Rafael Eimil, sobre a intención de levar a cabo a avaliación de impacto ambiental completa foi moi ben recibida, por ser crucial para o futuro da praia de Madalena. Así mesmo, somos coñecedores das moitas accións que Costas ten acometido tempo atrás na praia, e o moito dano que teñen producido para o ecosistema da ría estas actuacións.
Estamos convencidos de que Costas non terá inconvinte en deixar constancia escrita da excelente nova expresada polo Xefe da Demarcación.
Respecto á proposta de estabilizar o noiro mediante a súa reconfiguración e revexetación, a nosa posición sempre foi a de non tocar a duna, ao entender que só se perseguía rabuñar nela nas vésperas de cada verán, xa que no inverno o mar levaría toda a area rebaixada, como de feito aconteceu. De facerse así non tería sentido, en poucos anos non quedaría nada.
Non obstante, a nova proposta de Costas, baseada nunha única intervención orientada a quitarlle peso e altura –froito dos recheos recentes– , facendo unha pendente suavizada e revexetándoa, concorda co feito noutros lugares con bastante éxito.
A intervención iría complementada coa erradicación de planta exóticas invasoras en todo o espazo de titularidade de Costas, é dicir, o dominio público marítimo terrestre incluindo praia e traspraia. Tamén quedou expresamente claro que non habería máis deitados de area.
Nestas condicións, estaríamos dacordo coa proposta de estabilización do noiro.
Esta AIA completa precisa dun mínimo contido multidisciplinar e de ser preciso tamén con abordaxes interdisciplinares:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal