ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Os dereitos dos animais, tema de fondo de...

22-07-2016

Os dereitos dos animais, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 6

Xa podes consultar na rede o número 6 de Sermos-ADEGA, dedicado á defensa dos animais e que foi publicado o pasado xuño no xornal Sermos Galiza. Inclúe artigos de Rubén Pérez (LIBERA) e María Díaz de Piñeiro Mosquera  (APADAN) e unha entrevista a Isabel Kerdudo (ABEIRO e ADEGA).  

A relación cos animais en Galiza pode considerarse un bo expoñente dos cambios sociais que están acontecendo, xa non tanto pola crise como pola evolución socio-económica, xeracional e de estilos de vida. Cambios culturais, en definitiva. A loita pola protección dos animais está a acadar éxito na prohibición das touradas e no uso de animais en espectáculos, e vai máis aló, cando se cuestionan as  condicións de vida dos animais domésticos e de granxa, denunciadas como maltrato por omisión.  

Para Rubén Pérez, colectivos como Galicia, Mellor Sen Touradas e a Asociación Animalista Libera teñen acadado importantes avances en materia de protección dos animais. A fin das touradas está a ser unha realidade en Galiza. 

María Díaz analiza o anteproxecto de Lei de Protección dos Animais de Compañía recentemente presentado pola Xunta, afirmando que é un paso adiante nalgúns aspectos, pero queda a medio camiño noutros, ao tempo que incrementa a presión sobre as entidades de protección animal galegas. O abandono duns 15.000 animais só en 2015 é un indicador da magnitude do problema.

Isabel Kerdudo denuncia unha das formas de maltrato máis habituais no noso país: "a cadea perpetua”, cans que pasan toda a súa vida atados a unha cadea.   

Alén do tema de fondo, Sermos-ADEGA nº6 ofrece tamén unha selección das principais actuacións de ADEGA durante a pasada primavera 2016.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal