ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Obradoiros de concienciación ambiental sobre...

21-07-2016

Obradoiros de concienciación ambiental sobre residuos nos campamentos de verán

A Manc. de concellos da Serra do Barbanza ten un sistema propio de xestión de residuos, un sistema que xira en torno a unha planta de compostaxe: priorízase a reciclaxe da fracción orgánica. Para isto é imprescindible unha boa separación acompañada dun programa educativo que estamos a desenvolver dende ADEGA.

Calquera concello, asociación, agrupación ou centro de ensino da mancomunidade pode solicitar un obradoiro para traballar a temática do lixo. Nestas datas participaremos en varios campamentos urbanos co obradoiro de “xogo do lixo”, co que aprenderemos a separar xogando.

O 26 de xullo estaremos no campamento de Xuño, 27 de xullo en Portosín, 28 de xullo en Porto do Son e o 29 de xullo en Louro. Por último no concello de Carnota na semana do 2 de agosto
(data pendente de confirmar).

Este  sistema de tratamento do lixo necesita unha cidadanía concienciada. Veciños e veciñas que coñezan a importancia da separación en orixe e que practiquen condutas proambientais para a redución, reutilización e reciclaxe.

Dos tres sistemas de xestión de residuos que conviven na Galiza o sistema do Barbanza é o que está a acadar mellores resultados en canto a taxa de reciclaxe. Chega ao 32% de recuperación de materiais, o cal é  tres veces superior á taxa de reciclaxe de SOGAMA, mais aínda podemos facelo mellor.

Con sistemas baseados na compostaxe é posible chegar a reciclar o 80% dos materiais. O proxecto educativo é de vital importancia para manter estas cifras de reciclaxe e aumentalas.

Máis información:
981570099
residuos@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal