ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Crónica do Bioblitz polas ribeiras do Sor

15-07-2016

Crónica do Bioblitz polas ribeiras do Sor

Desenvolveuse esta actividade nas ribeiras do río Sor que deu comezo ás 10:30 da mañá. Logo de reunirnos cos participantes en Ponte Segade, desprazámonos en coches ata a Ribeira do Bispo onde se iniciou o roteiro. Acompañados por Toñito e Jaime, da asociación Nordés, fomos descubrindo as diferentes especies de flora e fauna que medran no lugar e que fomos atopando. Podedes descarregar o LISTADO das especies que se identificaron no percurso. O roteiro, de aproximadamente 10 Km de distancia, percorre a marxe esquerda, rio abaixo, do río Sor a través dun ben conservado bosque de ribeira. Puidemos coñecer multitude de especies que habitan nas ribeiras dos nosos ríos. En total identificáronse 112 especies.
Ás 14.30 chegamos de volta a Ponte Segade onde o Proxecto Ríos convidou a xantar aos participantes. Xa pola tarde, fíxose unha posta en común das especies identificadas polos participantes a través das fotografías que se foron titrando aos diferentes exemplares, para así confeccionar un listado da biodiversidade das ribeiras do río Sor.
Ás 18:30 puxemos fin ao duocécimo encontro cunha participación de 20 persoas, esperando atoparnos nas vindeiras actividades.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal