ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Crónica do curso de educación ambiental e...

02-06-2016

Crónica do curso de educación ambiental e compostaxe no Pisando Forte de Pontevedra

Hai uns días rematou o curso sobre educación ambiental e compostaxe impartido por ADEGA no programa Pisando Forte, promovido pola concellería de Xuventude do concello de Pontevedra.

É unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos que ten como obxectivo mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra através da formación.

Nos últimos tempos a cidade de Pontevedra ten apostado pola compostaxe da fracción orgánica do lixo, primeiro con iniciativas de compostaxe individual nas parroquias e agora aderíndose ao proxecto da Deputación de compostaxe comunitaria para a vila e unha planta de compostaxe.

Este novo proxecto está levantado expectativas na vila ademais de ser susceptíbel de criar de emprego verde. De feito na Deputación de Pontevedra formáronse 18 persoas en materia de xestión de residuos e técnicas de compostaxe que xa están a traballar.

Este curso tivo unha duración de 11 horas divididas en tres sesións, unha primeira teórica na que se explicaron conceptos básicos da xestión de residuos, como se xestionan os residuos en Pontevedra, a onde van, canto pagamos... outros tipos de xestión na Galiza.

Exemplos prácticos de xestión de residuos baseados na compostaxe e a importancia da separación selectiva. Breves nocións da lexislación de residuos e compostaxe. A segunda sesión foi práctica, visitamos o primeiro composteiro posto pola Deputación no Principe Felipe, puidemos comprobar in situ o funcionamento do mesmo, comprobar parámetros básicos como é a temperatura e ver a importancia do estruturante.

Os mestres/as composteiros/as explicáronos cal é o seu traballo e fixéronnos unha demostración das tarefas diarias no composteiro.

Na ultima sesión visitamos unha iniciativa empresarial baseada na compostaxe como é a planta de sustratos e fertilizantes Ecocelta, o xerente Sergio Quiroga explicounos o funcionamento da planta, as características dos residuos que reciben, o proceso da compostaxe en pilas, o vermicompostaxe ou compostaxe con miñocas até obter o produto para a venta, unha das liñas de traballo desta planta é suministrar fertilizantes orgánicos a produtores da zona, polo que a empresa fai análises de solos e proporciona o fertilizante “á carta” para o solo e cultivo.

Para máis información podedes consultar a páxina de Ecocelta http://www.ecocelta.com/es/

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal