ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a...

31-05-2016

Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a eucaliptización!

Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, ADEGA  xunta cunha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais incluidas na plataforma ENCE FÓRA, convócate á manifestación que sairá da alameda de Pontevedra este sábado 4 de xuño ás 19h.

Hai servizo de buses organizado por ADEGA e a FEG dende Ferrol e Lugo (ver horarios e contactos máis abaixo).

Agardámoste no comezo da Alameda fronte á igrexa (restos) de San Domingos. Temos faixas e estandartes de protesta para todos/as. Non podes faltar!

Buses, paradas e horarios

-Dende Lugo (organiza ADEGA-Lugo): Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro.

Reserva de praza bus Lugo: 982240299. Prezo: 10€ por persoa.

-Dende Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela (organiza ADEGA e a FEG):

  • Ferrol: Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Oficina de Correos no Cantón de Molíns. Prezo: 10€ por persoa.
  • A Coruña. Saída o día 4 ás 17.00 hs. Praza de Ourense. Prezo: 10€ por persoa.
  • Compostela. Saída o día 4 ás 17.50 hs. San Lázaro (en fronte do MUPEGA).  Prezo: 5€ por persoa.
Reserva de praza: feg@federacionecoloxista.org ou enviando mensaxe ao 691 527 277.

Descarrega e imprime os cartaces

Nestas ligazóns poderás descarregar estes cartaces en alta resolución, imprimilos e traelos á manifestación.
En ADEGA teremos xa preparados varios estandartes con estes motivos.

Vémonos na Alamenda fronte á Igrexa de San Domingos o sábado ás 19h!

Cartaz 100% NON GRATO

Cartaz TODO POLA PASTA

Cartaz ADEUS RÍAS, ADEUS MONTES

Cartaz STOP EUCALIPTO

Cartaz ENCE FÓRA

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal