ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Comeza a Campaña de Outono do Proxecto Ríos

18-09-2013

Comeza a Campaña de Outono do Proxecto Ríos

Animámosvos a que saiades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Lembrade enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 28 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.
Tamén lembrar que o día 29 de setembro celebraráse a VI Limpeza Simultánea de Ríos.
 
Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa info@proxectorios.org

Audios

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal