ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Máis de 150 anfibios rescatados nunha canle de...

05-04-2016

Máis de 150 anfibios rescatados nunha canle de rega en Pontecaldelas

Na tarde de onte un grupo de voluntariado ambiental de ADEGA  Vixiantes de Recursos Naturais da DXCN actuamos nunha canle de rega den Pontecaldelas para rescatar á fauna atrapada e axudarlles a completar o seu ciclo vital

Desta volta foi un traballo máis minucioso que noutras ocasións. Boa parte dos anfibios rescatados eran tritóns que estaban agochados entre a pouca vexetación que queda na canle.

Finalmente rescatamos máis de 150 anfibos da canle: 38 individuos de Rana iberica, 2 de Bufo spinosus, 13 de Pelophylax perezi, 22 de Triturus marmoratus e 80 de Lissotriton boscai, así como tres exemplares mortos e un deles a piques de facelo. Habería que ter en conta que os Vixiantes xa rescataron 112 anfibios e o problema continuará nos vindeiros dias, xa que se prevé que co aumento das temperaturas se incremente o movemento dos anfibios.

Dende ADEGA queremos agradecer ao voluntariado participante a súa colaboración así como aos persoal de Conservación da Natureza.

Porén, entendemos tamén que despois de tres campañas adicadas ao rescate destes anfibios deberiase buscar unha solución que evite estas situacións. De feito a canle estase a limpar, eliminando a pouca vexetación que ten e impermeabilizando o vaso, o que complicará aínda máis a supervivencia dos animais atrapados nela.

Os fondos que se están a investir para recuperar esta canle deberían contemplar tamén unha solución a este problema. Os cartos públicos non deberían contribuir a manter unha trampa mortal para moitos animais, nomeadamente anfibios, un dos grupos de vertebrados máis ameazados do planeta.

A solución a este problema pois, non debería agardar outro ano máis.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal