ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Protección da Fraga de Menáncaro en Ferrol....

12-02-2016

Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, Comunidade Menáncaro solicitan protección para a fraga de Menáncaro

Protección da Fraga de Menáncaro en Ferrol. Xuntanza de colectivos ecoloxistas có Concello de Ferrol

Defensa da carballeira de Menáncaro e outras zonas sensibles de Ferrol


A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal