05-03-2016
A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía
Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.
Consello de eficiencia enerxética
- Poñer as tapas as olas no momento de cociñar (Aforro 25% de enerxía).
- Usar as olas do mesmo ou maior tamaño que o fogón.
- Cociñar sempre que poidas coa ola express (50% de aforro de enerxía).
- En cociñas vitrocerámicas ou indución usar o calor residual pra acabar de cociñar (10% de aforro de enerxía).
- Cando comece a ferver o guiso, baixar o lume ao mínimo.
- Mercar electrodomésticos de baixo consumo en auga e electricidade.
- Usar lámpadas LEDS na iluminación da casa (aforro 88%de enerxía que as lámpadas tradicionais).
- Se tes calefacción, illar termicamente a casa, xanelas e paredes (30% de aforro).
- Apagar o motor do coche nos semáforos e atascos. Importante aforro de máis de100 euros ao ano.
- Usar a "famosa" botella na cisterna do cuarto de baño (5.500 Litros de aforro ao ano nunha familia de 4 persoas).
Se ademais disto, te acostumas a ir reducindo o uso do coche particular no teu día a día e o substitúes por outros transportes alternativos como a bicicleta, a camiñada ou o transporte público, o aforro aínda será máis grande e estarás facendo un grandísimo ben ao noso ecosistema.