ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa...

05-03-2016

A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía

Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.

Consello de eficiencia enerxética

  1. Poñer as tapas as olas no momento de cociñar (Aforro 25% de enerxía).
  2. Usar as olas do mesmo ou maior tamaño que o fogón.
  3. Cociñar sempre que poidas coa ola express (50% de aforro de enerxía).
  4. En cociñas vitrocerámicas ou indución usar o calor residual pra acabar de cociñar (10% de aforro de enerxía).
  5. Cando comece a ferver o guiso, baixar o lume ao mínimo.
  6. Mercar electrodomésticos de baixo consumo en auga e electricidade.
  7. Usar lámpadas LEDS na iluminación da casa (aforro 88%de enerxía que as lámpadas tradicionais).
  8. Se tes calefacción, illar termicamente a casa, xanelas e paredes (30% de aforro).
  9. Apagar o motor do coche nos semáforos e atascos. Importante aforro de máis de100 euros ao ano.
  10. Usar a "famosa" botella na cisterna do cuarto de baño (5.500 Litros de aforro ao ano nunha familia de 4 persoas).
Se ademais disto, te acostumas a ir reducindo o uso do coche particular no teu día a día e o substitúes por outros transportes alternativos como a bicicleta, a camiñada ou o transporte público, o aforro aínda será máis grande e estarás facendo un grandísimo ben ao noso ecosistema.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal