ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / O Cambio Climático, tema de fondo de Sermos-ADEGA...

26-01-2016

O Cambio Climático, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 4

SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 4 do suplemento SERMOS ADEGA que está dedicado ao cambio climático e aos resultados do Cumio climático de París, celebrado o pasado mes de decembro.  

Ao longo do suplemento atoparedes artigos sobre os efectos do quecemento global, como afectan a Galiza, ou que papel desempeñan as emisións da industria galega na mudanza climática. Alén disto, abórdase unha das consecuencias deste fenómeno aínda pouco coñecida: a acidificación oceánica, que afecta en boa medida aos mares do Atlántico Norte, entre eles, aos galegos. E o factor social e cultural do cambio climático é ineludible, ou a percepción que desde a sociedade temos do problema. O Proxecto Resclima, desenvolto polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambienta da USC, analiza estes parámetros. 

E tras dúas páxinas de actualidade no eido ambiental galego, rematará este suplemento cunha disertación filosófica do alxerino-francés Sami Naïr, creador do concepto “codesenvolvemento” e referente da Esquerda europea. O filósofo e politólogo afonda no significado do ambiente como “máxima expresión do político”.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal