ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Convenio ADEGA-ENCE para a recuperación dos...

28-12-2015

Convenio ADEGA-ENCE para a recuperación dos coalas nos eucaliptais galegos

28 de decembro. Perante a grave regresión do coala (Phascolarctos cinereus) no seu territorio nativo debido á acelerada perda do seu hábitat, ADEGA vai desenvolver un proxecto piloto de recuperación desta especie en parcelas de NORFOR (filial forestal de ENCE) seleccionadas de entre as máis de 500.000 hectáreas que ocupa o eucalipto en Galiza.

As explotacións forestais de eucalipto en Galiza supoñen máis da metade (52%) das esistentes no Estado e só por especie na Península Ibérica localízase o 53% (31% Portugal, 22% España) da superficie mundial de plantacións de Eucalyptus globulus, máis que en toda Australia.
Xa que logo os eucaliptais galegos pola súa estensión e continuidade (a lei de Montes pernite masas monoespecíficas de máis de 50 hectáreas continuas) ofrecen unta interesante alternativa para a recuperación desta especie ameazada.

Precisamente nestas plantacións a empresa ENCE, através da súa filial forestal NORFOR, cederá o uso de varias parcelas, xestionadas sempre baixo a certificación forestal sustentábel (FSC) para que os coalas poidan atopar alimento e refuxio. Ao ser o eucalipto a única especie forestal presente nestes espazos e a fauna autóctona moi escasa, os coalas poderán prosperar en condicións moi parecidas ás da súa Australia natal.

Pola súa banda, ADEGA desenvolverá un proxecto de custodia e seguemento dos coalas introducidos, nun principio exemplares provintes de zoolóxicos e refuxios de fauna que os cederán para esta fin. Se o proxecto piloto dá os seus froitos non descartamos contactar co WIRES (Wildlife Information Rescue and Education Service), dependente do governo australiano, para solicitar a importación de exemplares feridos ou abandonados.
A medio prazo, poderiase avaliar tamén a posibilidade de recuperar outras especies en perigo, como o panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) ou o panda vermello (Ailurus fulgens) nas cada vez máis frecuentes plantacións de bambú que comezan a poboar os montes galegos.

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal