ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Concentración de apoio ás medidas contra o cambio...

28-11-2015

Convada e realizada polo Concello Ferrol, ADEGA, Sociedade Galega Hª Natural, Verdegaia,Greenpeace , A.V. Magdalena,Club Montaña,...

Concentración de apoio ás medidas contra o cambio climático na cumbre de París


Paremos de botar CO2  a atmosfera O sábado dia 28 de novembro 2015 tivo lugar nas escalinatas do concello de Ferrol unha concentración baixo o lema “POLO PLANETA POR TI UNHA HERDANZA RENOBABLE” das principais organizacións ecoloxistas (entre elas Adega), meio ambientalistas e outras asociacións de diferente carácter, xunto a concelleira de meio ambiente pra demandar aos principais governantes do planeta os cales, se van a reunir o próximo dia 30 de novembro em Paris (cumio de Paris) pra tratar o máis grave problema que se enfronta a humanidade no que, esta en xogo a sua propria supervivencia, adopten medidas de unha vez por todas pra parar de botar co2 a atmosfera e asi mitigar no posível o irreversível cambio climático. Hoxe em dia os principais países do planeta, teñen suficiente tecnoloxía pra producir enerxía de un xeito limpo e renovável sen necesidade de continuar queimando combustívels fósiles. Ademais  desde Adega-Ferrolterra pensamos que os nossos governantes, teñen a obriga de transferir tecnoloxía e capital humano cualificado aos países que están a sufrir as consecuencias do sistema de desenvolvemento, do mal chamado mundo desenrolado, que son países que apenas contribuíron en xerar o cambio climático Por todo isto desde Adega-Ferrolterra esiximos aos principais dirixentes mundiais, que son os que teñen a capacidade pra mudar isto que, se cambie o modelo de crecemento e desenrolo cimentado na queima de carbón e petróleo e se pase a un modelo de crecemento fundamentado nas enerxías limpas e renovávels.









Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal