ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA e a UDC continúan a ambientalizar os campus...

26-10-2015

ADEGA e a UDC continúan a ambientalizar os campus da Coruña

ADEGA e a UDC, através OMA (Oficina de Medio Ambiente) veñen anovar o acordo de colaboración parao o curso 2015-1016 que nclúe actividades para ambientalizar os campus da Zapateira, Elviña e Oza.

O persoal bolseiro da OMA é un grupo multidisciplinar con representantes de Arquitectura, Aparelladores, Enxeñería de camiños, Química, Bioloxía e Terapia ocupacional.

Xa estamos a desenvolver distintas actividades, algunhas delas serán continuas durante todo o curso, como a implantación de campañas de aforro de enerxía, papel e auga nas facultades, e de recollida selectiva e compostaxe dos residuos das cafeterías do campus.

Tamén se teñen previstas distintas actividades puntuais, abertas ao público para participación como voluntariado, entre elas a restauración e mantemento do Monte da Fraga, seguimento da biodiversidade na Charca construída no curso 2013-14, eliminación de especies exóticas invasoras, e obradoiros variados, entre eles aprenderemos a facer caixas niño, fornos solares, poda de árbores, plantas aromáticas.

Para comezar, o vindeiro 10 de novembro farase un roteiro guiado polo Monte da Fraga, e o 4 de novembro faremos a inspección do Proxecto Ríos no río Lagar. Aínda hai prazas dispoñibles!

Estade atentas ás actualizacións para a participación en vindeiras actividades. Atoparedes máis información no blog da OMA (http://medioambienteudc.blogspot.com.es) e no seu Facebook (Oficina de Medio Ambiente UDC).

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal