ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Xa está na rúa o nº 2 de Sermos-ADEGA: Galiza...

25-06-2015

Xa está na rúa o nº 2 de Sermos-ADEGA: Galiza tóxica

GALIZA TÓXICA

SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 2 do suplemento SERMOS ADEGA que acompaña o nº 151 do semanario galego (25/06/15), e no que tratamos a problemática do uso abusivo dos pesticidas no noso país.

Fumigacións masivas no ámbito forestal para controlar as pragas nos eucaliptais e outras que están a chegar, uso de produtos tóxicos na agricultura, e novos usos indiscriminados no ámbito urbano e nas estradas, configuran unha “GALIZA TÓXICA” na que todo ser vivo está ameazado.

Toxicidade aguda, efectos reprodutivos, endocrínicos, canceríxenos, neurolóxicos… abellas e persoas son indicadores do que está a pasar coa saúde do ecosistema.

Este número 2 conta con artigos de Fins Eirexas, Cosme Damián Romay, Luís Díaz Cabanelas, así como unha entrevista a Xesús Asorei, secretario da Asociación Galega de Apicultura, e complétase cun relatorio de actividades de ADEGA nas últimas semanas.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal