ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA e a Consellaría de Medio Ambiente anovan o...

13-05-2015

ADEGA e a Consellaría de Medio Ambiente anovan o convenio do Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e Coordinadora do Proxecto Ríos, Virxinia Rodríguez, asinou hoxe o convenio de colaboración coa Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para dotar de orzamento ao Proxecto Ríos.

Son 11 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, o que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende unir ríos e persoas.

Na actualidade o Proxecto Ríos conta con 308 grupos de voluntarios/as por todo o país, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas, no que xa é a maior iniciativa  continuada de custodia do territorio en Galiza.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal