ADEGA

Inicio / Buscador / X Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea

22-04-2015

X Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea

Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes X Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
 
Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.
 
Desta vez realizaremos un seguimento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.
 
O aloxamento, como doutras veces, será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).
 
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal