ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Campaña de primavera 2015 do Proxecto Rïos

15-04-2015

Campaña de primavera 2015 do Proxecto Rïos

Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Estará tamén dispoñible o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Se non tedes as chaves para entrar na plataforma, contactade a través do teléfono (981 57 00 99) ou o correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes. Recordarvos que o Curso de Formación será o día 18 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos e podedes ver toda a información na nova do curso na web. Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa info@proxectorios.org

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal