ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Xornadas de capacitación para as entidades...

25-03-2015

Xornadas de capacitación para as entidades galegas de custodia do territorio

A Rede Galega de Custodia do Territorio, da cal forma parte ADEGA como socia fundadora, participa na organización destas xornadas xunto coa Xarxa de Custodia del Territori , Foro Estatal de Redes e Entidades de Custodia do Territorio e Obra Social La Caixa
Estas actividade enmárcase dentro do proxecto Tecendo redes e celebraranse en Compostela os días 27 e 28 de marzo.
Contan coa colaboración do Museo do Pobo Galego

DESCARREGA O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

Se queres asistir envíanos cuberta a ficha de inscrición (Abaixo en Descargas)

Presentación da Rede Galega de Custodia do Territorio no ámbito das administracións

O venres 27 pola mañá celebraráse a primeira parte das xornadas dirixida principalmente a persoal das administracións e representantes de partidos políticos:

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela.

10:00 Presentación. Óscar Rivas, presidente da Rede Galega de Custodia do Territorio.
10:15 Experiencias de custodia:
- Custodia fluvial. Gonzalo Mosquera, director de Augas de Galicia.
- Custodia na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Andrea Macho, órgano de xestión das Reservas da Biosfera, Deputación de Lugo.
- Custodia agraria. Quico Ónega e Joan Alibés. Gandeiros de Beealia.
11:00 A experiencia catalá de colaboración público-privada. Hernán Collado, Xarxa de Custodia del Territori.
11:45 Pausa Café
12:15 Coloquio: Apoio institucional á custodia do territorio, colaboración público privada e pontencialidades da custodia en Galicia
14:00 Peche das Xornadas

Obradoiro de estratexias de incidencia pública e institucional

As xornadas continuarán o venres, 27 de Marzo pola tarde

Lugar: Local de ADEGA, Travesa dos Basquiños, 9 – Baixo. 15704. Santiago de Compostela

Esta parte está dirixida a Membros da Rede Galega de Custodia do Territorio e outras entidades interesadas, co obxectivo de realizar dun taller de tipo interno, para representantes de redes e entidades de custodia, para coñecer o sentido, a importancia e os puntos chave da incidencia institucional, así como mellorar a estratexia da rede.

Horario: de 16:00 a 19:00 Consta de dúas partes:

1a parte: Presentación incidencia institucional (45 'aprox): concepto, estratexias e aspectos chave. En formato de exposición aberta a intervencións espontáneas.

2a parte: Discusión de caso de estudo interno e confección das bases dunha folla de ruta propia da rede galega de Custodia do Territorio (75´aprox)

Xornada de capacitación para o fortalecemento das entidades de custodia do territorio de Galiza

Sábado, 28 de Marzo (mañá e tarde)

Lugar: Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval -Santiago de Compostela

Dirixido a: Persoas e entidades vinculadas á Rede Galega de Custodia do Territorio, e todas aquelas interesadas na custodia do territorio. Obxectivo da xornada: Aprender e debater en torno ás boas prácticas de traballo en rede e desenvolvemento social e institucional da custodia do territorio que están sendo levadas a cabo polas diferentes redes e entidades de custodia do Estado.

09.30 Recepción de participantes
09.45 Benvida e inauguración
10.00 Marco para o fortalecemento da custodia do territorio Antonio Ruiz, avogado ambiental, asesor do Foro de Redes y Entidades de Custodia del Territorio
10:45 Sistema de calidade para as entidades de custodia do territorio Amaya Sánchez, consultora ambiental, Xarxa de Custòdia del Territori
11:30 Pausa Café
12.00 Experienciasinspiradoras:
- A custodia do territorio: Unha ferramenta básica para a restauración dos bosques cántabros-atlánticos. Jon Hidalgo, Fundación Lurgaia. (1 hora)
- Custodia do Territorio e participación social. Ramsés Pérez, ADEGA, (20 min.)
- Dúas ferramentas para a conservación da flora ameazada: A Custodia do Territorio e as Microrreservas de Flora. Martiño Cabana, AGCT. (20 min.)
- Catro anos custodiando nas Mariñas. Fernando Bandín, F. Fragas do Mandeo (20 min.)
14:00 Peche das xornadas

16:30
- 19:30 Taller de traballo das entidades da Rede Galega de Custodia do Territorio

Inscricións

Xornadas gratuítas con inscrición previa
Envíanos a túa ficha de inscrición (Abaixo en Descargas)

Contactos:
981 57 00 99
ramses@adega.gal o 616 238 050
orivaslopez@gmail.com 620 593 892

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal