ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Crónica da charla-obradoiro de alimentación...

17-03-2015

Crónica da charla-obradoiro de alimentación saudable na UDC

Un dos obxectivos da OMA é ambientalizar a universidade e con esta actividade pretendemos traballar a alimentación saudable e ecolóxica nos campus, por esta razón intentase que a comunidade universitaria sexa consciente dos produtos que merca e come na propia universidade e na súa casa. Nesta primeira xornada de alimentación saudable tivemos o pracer de contar con dúas persoas moi activas nestas cuestións, presentamos unha experiencia dun comedor infantil con Beatriz Ferreira e  posteriormente fixemos un obradoiro onde aprendemos a interpretar as etiquetas dos alimentos con Silvia Méndez (V de Vegetal).
Ás 17:30 comezo a charla informativa a mans de Beatriz Ferreira (directora da Escola Infantil Municipal A Caracola) que nos explicou o proceso de cambio dun menú tradicional por un menú ecolóxico e de comercio de proximidade, sendo os nenos e nenas quen deciden canto e que queren comer, experimentando novas sensacións cas texturas e formas dos alimentos no seu día a día no comedor. Con ela aprendemos que este cambio é posible.
Aproximadamente unha hora máis tarde Silvia Méndez (Bióloga, profesora, redactora, alquimista na cociña, especialista en nutrición e metabolismo e fundadora de V de Vegetal) explicounos conceptos que descoñeciamos e aprendemos a interpretar o etiquetado dos produtos que levamos cada un, tamén a reflexionar acerca dos alimentos e comercios que nos rodean, sendo nós os que decidimos que e onde queremos mercar e comer os produtos.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa asistencia e esperamos que con esta charla-obradoiro se fomente uns hábitos e conciencia sobre alimentación saudable nos campus e na nosa vida.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal