ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA-Lugo solicita a modificación do Plan...

20-01-2015

ADEGA-Lugo solicita a modificación do Plan Paradai para desafectar unha zona inundable

Treito das obras afectado

ADEGA vén de presentar un escrito de alegacións ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo sobre as obras que se están a executar no coñecido como “Plan de Paradai” á altura da rúa Serra de Meira. Estas obras afectan á area de inundabilidade do río Rato e tamén á senda peonil que discorre ao seu carón.  

Neste escrito, ADEGA denuncia que a ampliacion da rúa Serra de Meira no marco do Plan Paradai estase a facer a conta de reducir o espazo inundable do rio Rato recoñecido polo propio estudo de Inundabilidade elaborado pola Confederación para esta zona. Por outra banda, o Proxecto contempla a amplicación da beirarúa, nalgúns treitos ata os 8 metros de ancho, o que implica que a beirarrúa invada o espazo da senda peonil actual do río.

Río Rato á altura da rúa Serra de Meira

Para ADEGA, estas dúas actuacións poden implicar unha infracción grave por contrariar as limitacións establecidas nos puntos 1 e 2 do artigo 9 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Ante todo isto, a organización ecoloxista ADEGA solicita ao Concello e á CHMS que se reduzca a anchura da beirarrúa de 8 m para non invadir o terreo que lle pertence ao río Rato e evitando a destrución da senda peonil.  

Esta modificación demandada por  ADEGA non tería por que afetar ao resto do deseño da rúa, xa que este non supón o aumento de carrís para o tráfico rodado, e ademais implicaría menos custos para as arcas públicas.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal