ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / O Comité Cidadán de Ferrol leva á Fiscalía...

31-10-2014

O Comité Cidadán de Ferrol leva á Fiscalía Anticorrupción as operacións de Méndez en REGANOSA

Texto da denuncia do CCE á Fiscalía Anticorrupción

Fiscalía Especial para Delictos Económicos Relacionados coa Corrupción
R/ Manuel Silvela Nº 4
28010 Madrid

Manuel A. Rodriguez Carballeira, Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a defensa da Ría de Ferrol, Humberto Fidalgo Couce, vicepresidente de ADEGA-Ferrolterra e Luz Marina Torrente Lopez en representación da Plataforma Veciñal O Cruceiro de Mehá,

EXPOÑEN

Tendo coñecemento de que esta Fiscalía está investigando diversas operacións irregulares realizadas polos responsábeis de diferentes entidades bancarias, entre as que se atopa Caixa Galicia e Nova Caixa Galicia, que produciron importantes quebrantos a estas entidades financeiras, operacións que según o FROB serían de “[...] financiación e refinanciación para la adquisición de inmuebles o participaciones en sociedades [...] Además incluyen operaciones de cancelación de deudas y operaciones de inversión (situaciones precarias desde el punto de vista económico o patrimonial, por ejemplo)”.

Queremos poñer no seu coñecemento, por si foran constitutivos de delicto, os siguientes feitos:

1. Creto de Caixa Galicia e BBVA no ano 2005 para construir a planta de gas de REGANOSA:
O 23 de outubro de 2005 asinábase na cidade de Ferrol entre representantes da empresa REGANOSA e representantes das entidades bancarias BBVA e Caixa Galicia a concesión dun creto de 416 millóns de euros, para a construcción dunha planta de gas no interior da ría de Ferrol, que según Jose Luis Blanco (director territorial doBBVA) “supone el proyecto de financiación más voluminoso del mercado español”, mentres que Jose Luis Mendez, director de Caixa Galicia, otro dos asinantes subliñaba que ”con esa operación Reganosa coge velocidad de crucero”.

2. No ano 2006 Roberto Tojeiro Diaz pignora á Caixa Galicia un 15,9%  da súa participación nasociedad mercantil REGANOSA:
Según algúns medios de comunicación esta operación tivo un custo para Caixa Galicia de 7,6 millóns de euros. É importante subliñar que, de ser certa esta cantidade, non se correspondería co valor das participacións ofrecidas en prenda.
Naquel ano año Roberto Tojeiro Diaz era presidente do Consello de Administración de REGANOSA e á súa vez pertencía ao Consello de Administración da Corporación Caixa Galicia, cuxo presidente era José Luis Mendez Lopez.

3. En setembro de 2010, pouco antes da fusión das dúas caixas galegas, o grupo empresarial Tojeiro (Gadisa, Forestal do Atlántico, Imegasa, etc…) recupera as acciones pignoradas de REGANOSA. Asemade tamén nomea a José Luis Mendez Lopez membro do Consello de Administración de REGANOSA, cargo que mantén na actualidade. Jose Luis Mendez Lopez, exdirector de Caixa Galicia saíu da entidade con máis de 18 millóns de euros, despois de levala á creba.

4. A planta de gas REGANOSA é una instalación ilegal, perigrosa e inútil que expón á poboación da Ría de Ferrol a un risco innecesario e supón un delicto continuado por canto produce un sobrecusto ao sistema gasístico de 60 millóns de euros cada ano. O Tribunal Supremo en sentenza firme de 11 de maio de 2012 confirma a ilegalidade da planta de gas de REGANOSA.

Polo anteriormente exposto,
SOLICITAMOS a esta Fiscalía que investigue a operación da concesión dun préstamo para a citada instalación por parte de Caixa Galicia, así como a actuación do exdirector desta entidade, Jose Luis Mendez Lopez na pignoración e posterior recuperación das participacións de REGANOSA.

Ferrol, a 31 de outubro de 2014

Comité Cidadán de Emerxencia, ADEGA-Ferrolterra e Plat. veciñal o Cruceiro de Mehá

Contacto ADEGA-Ferrolterra: Humberto Fidalgo, vicepresidente (666175501)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal