ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Os escolares de Allariz aprenden a separar os...

23-10-2014

Os escolares de Allariz aprenden a separar os residuos para reciclar

Este martes 21 de outubro celebramos en Allariz a primeira xornada sobre a separación selectiva e compostaxe  dentro do marco do “Convenio de colaboración entre ADEGA e o concello para o desenvolvemento dun proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa compostaxe de experimentación ambiental”

Esta primeira xornada tivo lugar no CEIP Padre Feijoo, durante toda a mañá o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria participaron en diferentes actividades; como o xogo da separación do lixo, olimpíadas con material de refugallo, ao longo da mañá entre todos os grupos elaboraron unha exposición para o colexio onde se explica que residuos van a cada contedor. Tamén instalamos un composteiro no patio, e acompañado da exposición de ADEGA sobre a compostaxe, explicamos o seu funcionamento. A partir de agora os residuos orgánicos das merendas e parte dos do comedor irán ao composteiro do patio acompañados da herba e follas das árbores. Entre alumnado e profesorado encargaranse de manter o composteiro nas condicións axeitadas, co compost obtido manifestaron a idea de facer un pequeno horto, deste xeito péchase o ciclo da materia orgánica no propio centro.
O obxectivo desta actividade é que a comunidade escolar sexa consciente da cantidade de residuos que producimos, como os podemos reducir e en que contedor debemos botar cada residuo para facilitar a reciclaxe.  
En xeral, os escolares participaron moi animados en todas as actividades, mostrando preocupación pola contaminación ocasionada da mala xestión dos residuos e comprometéndose a separar para reciclar na casa e coidar do composteiro no colexio Nesta actividade tamén participou persoal  da fundación O Rexo a cal agradecemos a súa colaboración.

Mais información: compostaxe@adega.gal ou 628378804

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal