Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA guiará 3 roteiros organizados pola...
03-10-2014
ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación. Estes roteiros estarán financiados polo organismo provincial, polo que serán de balde para os participantes, os cales só deberán levar comida para o camiño e roupa e calzado axeitados.
A través destas camiñadas coñeceremos 3 dos bosques máis emblemáticos da provincia luguesa. O programa de roteiros "Os nosos bosques" permitiranos, non só pasar agradables xornadas de andaina e de contemplación, senón tamén observar o valor que as nosas árbores ofrecen á paisaxe, ao patrimonio cultural e á natureza.
Os roteiros serán de xornada completa, e o autobús sairá en todos os casos diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), ás 9 horas da mañá.
Os participantes terán que levar comida e auga para o camiño e roupa e calzado axeitados para camiñar.
Só poderán participar nestes roteiros aquelas persoas que tivesen cumprimentado adecuadamente o formulario da Deputación de Lugo ou que se tivesen anotado a través do teléfono a tal efecto (982227812), por iso recomendamos que fagades a vosa reserva canto antes.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal