ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Maniféstate con nós contra as touradas e a...

03-10-2014

Maniféstate con nós contra as touradas e a tauromafia na Coruña

5 de setembro ás 12, con saída dende o Obelisco

ADEGA-Coruña apoia e chama a todos/as a participar na manifestación antitaurina convocada para este domingo día 5 pola plataforma "Galiza, Mellor Sen Touradas" (da que forma parte ADEGA), a Asociación Animalista Libera e Fondation Franz Weber. Á mobilización xa se sumaron máis de 40 colectivos de todos os eidos para dicir moi alto que a cidadanía da Coruña non quere na súa cidade un espectáculo de crueldade cos animais e que por riba supón un inxustificábel desbaldimento de cartos públicos.

Ademais no caso da Coruña este “espectáculo” nunca contou con arraigo entre a cidadanía, como se pode ver cada ano durante a feira cunha praza baleira malia as xenerosas subvencións do concello, que este ano aporta 100.000 euros para manter o negocio da tauromafia, feito que tenta manter oculto á opinión pública.

Dende ADEGA parécenos unha vergoña que esta práctica arcaica e inaceptábel estea por riba financiada cos cartos públicos mentres se recurta en políticas sociais e máis dun 75% da cidadanía rexeita esta práctica.
É pois o momento de mobilizarnos conxuntamente para mostrarmos o noso rexeitamento a unha práctica cruel que provoca a repulsa da maioría do pobo galego.

Máis info:
Pablo Leira 615475763
Amancio Sotillo 678799376

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal