ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Primeira visita aos novos composteiros da...

14-07-2014

Primeira visita aos novos composteiros da veciñanza de Pontevedra

Os habitantes das parroquias de Sta. María de Xeve, Sto. André de Xeve, Verducido e Cerponzóns que solicitaron o composteiro ao concello de Pontevedra recibiran durante esta semana a primeira visita de seguemento.

Estas veciñas e veciños levaron o composteiro para instalalo nas súas vivendas o pasado 17 de xuño, xunto co manual de compostaxe, e asistiron a unha charla na que explicamos o proceso da compostaxe e o funcionamento básico do composteiro.

Agora xa co composteiro na vivenda, xurden as primeiras dúbidas, polo que a equipa de ADEGA visitará todas as casas para observar o proceso e resolver estas dúbidas. A incorporación dun composteiro á vivenda supón un cambio de hábitos moi significativo, xa que a partir dese intre as familias deben separar os restos orgánicos xerados na casa e botalos ao composteiro xunto cos restos vexetais da horta ou xardín.

Aproximadamente o 50% dos residuos que se xeran son orgánicos e agora xa non irán ao sistema público de recollida e tratamento, senón que ficarán na casa para seren auto-xestionados polos propios habitantes mediante a compostaxe para obter un abono de máxima calidade logo duns 7 meses de proceso.

Visita de seguemento aos anteriores programas

Este ano como novidade farase unha visita de seguemento adicional, achegándonos ás familias que solicitaron o composteiro nestes dous últimos anos. Nas parroquias de Pontevedra lévanse instalados 84 composteiros (sen contar este ano) e avaliaremos unha mostra aleatoria de 50 escollidos ao chou, co obxectivo de verificar o correcto funcionamento do proceso e obtermos dados representativos que permitan milloralo.

Mais información: María R. Lafuente, vogal de residuos e coordenadora dos programas de compostaxe de ADEGA, 628378804

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal