Inicio / Novas / Delegacións / Hoxe é o Día SEN bolsas de PLÁSTICO. Actuemos!
03-07-2014
“Bolsa, queres?” Despois de pasar os nosos artigos da compra, o caixeiro pregúntanos, en realidade, se queremos intoxicar as tartarugas de mar, matar as baleas e os paxaros, contaminar o medio, etc. Como chega unha bolsa a facer tanto dano?
O proceso de fabricación do plástico en si xa é moi pouco saudábel (lembramos que provén do petróleo). Moitas veces a bolsa non se recicla, queimase (difundido partículas perigosísimas no ar) ou deposítase nun vertedoiro a ceo aberto (o vento encargándose de levala ao río, e o río ao mar). O 80% do lixo mariño é plástico e tarda entre 100 e 500 anos para descomporse.
Ti comerías plástico? Pois os demais seres vivos tampouco..! Confúndeno cun alimento comestible. E nós tamén cando comemos o peixe que inxeriu as minúsculas partículas de plástico..porque claro formamos parte da cadea. De feito mira, esta gaivota ten unha mensaxe para nós: e non imos lela nun papel gardado nunha botella de cristal senón directamente do seu estómago.
Hai alternativas.
Hai que parar a cadea das bolsas de plástico comezando por non usalas. Como consumidores que somos, este é o poder que temos para que non se produzan tantas. De feito, países como Italia, Bangladesh e Ruanda xa as prohibiron. En vez delas podemos utilizar bolsas de tea, de papel reciclado, ou no último caso de plástico pero que se poidan usar de novo.
Para denunciar o uso das bolsas de plástico e reivindicar un cambio xa, podemos por exemplo ir mercar levando unha bolsa cun lema nela como: O plástico mata! Morte ao plástico! Viva o plasticidio!
Sacarnos fotos con esta bolsa acompañados duns políticos, persoas famosas, diante dos supermercados, e logo mandalas a esta web : www.plasticbagfreeday.org e así participar nesta campaña mundial do día sen bolsas de plástico! Hai máis ideas de accións nesta web. Finalmente podes compartir a información e actuando no día a día porque realmente tódolos días deberían de ser sen bolsas de plástico ou mellor aínda SEN PLÁSTICO!
Marie Lacassagne, vogal de consumo responsábel de ADEGA
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal