ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / O bairro de San Pedro (Compostela) exemplo de...

30-06-2014

O bairro de San Pedro (Compostela) exemplo de xestión ecolóxica dos refugallos

Compromiso coa redución

O chan limpo despois da festa!

Dende ADEGA queremos darlle os parabéns á veciñanza e á comisión de festas do Barrio de San Pedro de Compostela pola exemplar xestión dos refugallos nas festas deste ano.
Aparte do bo ambiente, música, actividades, baile… fíxose un esforzo e unha grande aposta por eliminar os plásticos da festa: dende as barras da comisión só se serviu bebida con vaso reutilizábel ou ecovaso, animando aos bares do bairro a sumarse e establecendo rebaixas nas bebidas ao aportar o ecovaso.

A acollida destas medidas, resumidas nun decálogo de boas prácticas, foi moi boa entre a veciñanza e visitantes. Foi incríbel ver que ao rematar os concertos a praza estaba libre de plásticos e lixo!! Non ter que marchar entre unha marea de lixo, as papeleiras rebordadas e miles de vasos polas xanelas, escaparates etc. foi un contraste moi vivo con outras recentes celebracións noutras cidades do país.



Exemplo a seguir

Outra volta ADEGA quere parabenizar á veciñanza do bairro e á comisión de festas por ter demonstrado unha grande sensibilidade ambiental co seu compromiso coa redución e a xestión dos refugallos. Deberían servir de exemplo para moitas outras comisións e concellos, evidenciando que é posíbel organizar unha grande festa con música, troula e múltiplas actividades sen rematar soterrados/as en moreas de lixo.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal