ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Celebra con nós 10 anos do Proxecto Ríos unindo...

27-06-2014

Celebra con nós 10 anos do Proxecto Ríos unindo ríos e persoas

Este 2014 o Proxexcto Ríos fai 10 anos. O 29 de xuño queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia (Ames).

A celebración durará todo o día e teremos actividades ambientais e culturais, haberá música e tamén ofreceremos café e sobremesa. Estades, polo tanto, convidados e convidadas a compartir esta festa dos ríos e polos nosos ríos.

Programa da xornada

11h00
Comezo da Festa.
Presentación do evento e programa da actividades.

11h30 - 13h00
Roteiro + inspección PR.

12h30 - 13h30
Obradoiro de pegadas.

PROGRAMACION ACTIVIDADES
13h00 - 14h00
Espectáculo de Maxiade Mago Cagabolas.

14h00 - 16h00
Xantar popular.

16h00 - 16h30
Café e sobremesa amenizado por Trío Musical Xonxas.

16h30 - 20h30
Actividades, obradoiros e concerto.
Conta contos con Anxo Moure.
Obradoiro de cestería.
Obradoiro de pesca á mosca e de fabricación de moscas.
Obradoiro de baile con concerto.
Clausura e agradecementos

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal