ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Se o matas, non che voto!

21-05-2014

Se o matas, non che voto!

"Se o matas, no che voto”,  é o lema desta campaña asinada por asociacións que denuncian os xeitos de xestión da poboación de lobos que aplican as administracións públicas

Diversas entidades conservacionistas uníronse na sinatura dun manifiesto que pretende concienciar á cidadanía sobre o voto nas próximas eleccións do 25 de maio. As asociacións queren que o voto das eleccións europeas no vaia para partidos políticos que non defeden a protección total do lobo ibérico. Propoñen tamén a mudanza dos avatares nas redes sociais para que, até o mesmo domingo, difundir o emblema desta campaña.

O Manifesto di así:

"As entidades conservacionistas asinantes estamos en contra da forma de xestión que teñen as administracións a respeito do lobo ibérico.

En pleno século XXI, ignóranse todas as publicacións científicas sobre a xestión de grandes depredadores e a súa importancia para o mantemento dos ecosistemas, e tan só téñense en conta factores eleitoralistas de certos sectores para a conservación do lobo ibérico, baseando todas as súas políticas en controis poboacionais, poñendo en gran risco a supervivencia desta especie autóctona e de especial interés europeo.

Por iso, solicitamos a toda a cidadanía que até o vindeiro día 25 de maio de 2014, data das próximas eleccións europeas, difundan este logo como protesta fronte a ese modelo de xestión das administracións públicas, amosando con iso que os sectores da caza e da gandería non son os únicos sectores con “voto” nas eleccións".

Suscreben as seguintes asociacións:

ASOCIACIÓN PARA LA CONSERVACIÓN Y ESTUDIO DEL LOBO IBÉRICO – ASCEL
ECOLOGISTAS EN ACCIÓN
ASOCIACIÓN PARA LA DEFENSA JURÍDICA DEL MEDIO AMBIENTE – ULEX
GRUPO LOBO DE EUSKADI / EUSKADIKO OTSO TALDEA
ACENVA. ASOCIACIÓN PARA LA CONSERVACIÓN Y ESTUDIO DE LA NATURALEZA DE VALLADOLID
ACOPO. ASOCIACIÓN COORDINADORA PROTECTORAS PONTEVEDRA
COORDINADORA ECOLOXISTA D’ASTURIES
OBSERVATORIO JUSTICIA Y DEFENSA ANIMAL
ADEGA - ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA
SOS LOBO ASTUR
COA. COORDINADORA ORNITOLÓXICA D'ASTURIES
ANADEL. ASOCIACIÓN NACIONAL ANIMALES CON DERECHOS Y LIBERTAD
LOBO MARLEY. CIUDADANOS POR EL LOBO Y EL MUNDO RURAL  

Fotografía logo: Héctor Ruíz.


Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal