ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / A charla sobre os efectos do recheo da praia de...

16-04-2014

A charla sobre os efectos do recheo da praia de Cedeira encheu o Auditorio

Mesa redonda-coloquio proxecto praia Cedeira

A mesa redonda organizada por ADEGA e SomosCedeira  para debater sobre o proxecto de "rexeneración" e as súas repercusións na praia da Madalena de Cedeira encheu o Auditorio de dita localidade. Estas obras preténdense realizar sen un estudo de impacto ambiental pese a que a actuación se desenvolvería dentro dun espazo protexido por acordos internaicionais e catalogado como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Cedeira.

Amais do recheo, a construción dunha estrutura fixa  ou dique de canalización do río Condomiñas, como pretendefacer a Demarcación de Costas, esixiría tamén unha avaliación ambiental, segundo dita a lexislación vixente.

A sala do Auditorio de Cedeira encheouse de xente e ademais con participacion moi activa. Un dos relatores foi o secretario comarcal de ADEGA-Ferrolterra, Xandro García.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal