ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA anima á cidadanía a participar na...

03-04-2014

ADEGA anima á cidadanía a participar na concentración contra o trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol o vindeiro día 6

A delegación de Ferrolterra de ADEGA, que vai participar activamente neste acto, anima a que a cidadanía ferrolá participe tamén. O acto convocado pola asociación Salvemos a Malata, terá lugar o vindeiro domingo día 6 de abril as 12h na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro.

Reducir máis o escaso fluxo de auga que entra e sae da enseada, contribuirá a que os seres vivos que viven nela esmorezan. Esta enseada que no pasado foi unha das máis produtivas en ameixa babosa da Ría de Ferrol, viuse gravemente prexudicada pola construción do peirao carboeiro, e agora co viaduto que se vai construír neste novo proxecto, suporá un paso máis cara a súa desaparición.

ADEGA quere recordar á cidadanía, que hai uns anos un proxecto que trataba de bloquear a circulación da auga na enseada, para alterar o fluxo de mareas non se levou a cabo pola oposición social que tivo. Este novo proxecto tamén o podemos parar, se todas e todos participamos nestas mobilizacións.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal