ADEGA

Inicio / Novas / Todas / A plataforma Salvemos o val do río Rato mantén a...

10-07-2024

A plataforma Salvemos o val do río Rato mantén a súa oposición á Rolda Leste

Os colectivos e persoas individuais que forman parte da plataforma Salvemos o Val do Rato mantemos a postura de oposición á construción da Rolda Leste, en tanto a comunicación por parte da Xunta de Galicia informando da futura tramitación ambiental do proxecto segue sen dar resposta ás demandas realizadas.

A Rolda Leste é unha infraestrutura innecesaria altamente custosa, cuxa necesidade non está avalada por ningún estudo de mobilidade, e que non se axusta á realidade de Lugo. Vai supoñer un grande impacto ambiental e social sobre unha das zonas mellor conservadas da cidade. É un proxecto anticuado que vai en contra da mobilidade sustentable e adaptación ao cambio climático.

É por iso que continuaremos espectantes á nova tramitación ambiental. Ademais nos próximos meses están previstas actividades por parte das asociacións que forman a plataforma para dar a coñecer a importancia ambiental e cultural da zona.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal