ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA renova a súa directiva na comarca da Coruña

09-07-2024

ADEGA renova a súa directiva na comarca da Coruña

As socias e socios da delegación territorial de ADEGA na comarca da Coruña anovaron esta fin de semana os seus órganos de dirección, coa incorporación de oito persoas, moitas delas con cumprida experiencia nas loitas ambientais que viviu o noso país nos últimos anos e tamén de persoas mozas que poden achegar novos enfoques e ideas aos retos pendentes. 

Encabeza a nova xunta directiva da delegación coruñesa de ADEGA Eduardo Blanco, no cargo de presidencia, e ostenta o cargo de secretaría Mario Maceiras. Ademais da tesoureiría, que atinxiría a Breixo Lousada, completan a lista 5 vogalías, e Xandro García, persoal liberado, será o voceiro da delegación. 

Entre estes principais retos que asume a delegación no vindeiro periodo, ADEGA estará particularmente vixiante ante as distintas ameazas ecolóxicas que sofre a bisbarra (degradación costeira, megainfraestruturas, mellora da mobilidade e da xestión dos residuos, etc.).

Para logralo, ADEGA vai procurar a colaboración das administracións implicadas e co resto do tecido social da cidade e da nosa contorna, buscando a implicación de toda sociedade na cuestión medioambiental.Por outra parte, ADEGA vai procurar reforzar a súa presenza visíbel na zona coa dotación dun local propio na cidade, e tamén mediante unha campaña de visibilización do colectivo que se extenderá durante os vindeiros meses.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal