ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Persiste a actividade da plataforma polo...

10-02-2014

Persiste a actividade da plataforma polo saneamento integral da ría Ferrol

Concentración a prol saneamento ría Ferrol

A plataforma polo saneamento integral da ría de Ferrol, á que pertence ADEGA, conseguiu varias melloras nalgúns tanques de tormentas tras varios meses de actividade.

A Plataforma organizou diversas actividades (manifestacións, xornadas, roteiros, participación en mesas, reunión con partidos, alegacións diversas ao plan actual de saneamento da ría de Ferrol, que incumpre coa normativa europea, estatal e autonómica de tratamento e separación das augas fecais e residuais) que se explican con áis detalle no seu blogue.  

A través destas accións, a Plataforma denuncia que os tanques de tormenta actuais son de dubidosa eficacia e non se adaptan á depuración total; alén de solicitar outra localización para a instalación dun tanque  previsto no parque Pablo Iglesias, un parque infantil.

Os avances acadados parécennos aínda insuficientes e seguiremos coas actividades reivindicativas e diante das administracions.

Membros da Plataforma polo saneamento da ría Ferrol:ADEGA, SGHN, Verdegaia, A.VV. de El Pilar, Colectivo Ártabra 21, Espazo Ecosocialista, Fuco Buxán, Nós, Equo Ferrolterra,Compromiso por Galicia,PSOE,BNG , Anova e IU-EU.

Consulta o noso blogue!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal